Como é tradición, a saída do desfile (6 de marzo) farase no barrio da Estación ás 17:00 h. e ao remate do percorrido, ás 20:00 h. na Praza da Vila, terá lugar a entrega de premios tras deliberación do xurado. Este estará formado por representantes de diferentes asociacións e colectivos culturais de Sarria e o responsable da OMIX do Concello de Sarria, con voz e sen voto, certificará o cumprimento das bases.
No que respecta aos criterios a valorar polo xurado, a organización relaciona os seguintes: montaxe, elaboración, materiais empregados, orixinalidade, interese etnográfico, humor, posta en escena, simpatía e graza dos participantes e a utilización de música ao vivo.
Tamén se advirte que a organización e o xurado están facultados para excluír do desfile ou cambiar a orde do seu posto de calquera elemento da comparsa que se considere perigoso (animais, bengalas, petardos…) e todo co obxectivo de preservar a seguridade de participantes e público asistente.
MODALIDADES E CATEGORÍAS
Pódese participar baixo a modalidade de carroza (grupos de máis de 3 persoas con plataforma ou remolque que poda levar polo menos ao 50% do grupo), comparsa (grupos de máis de tres persoas que non sexan carroza, aínda que leven vehículo) e tamén en formato individual/parellas/tríos (participantes que non entren nas modalidades anteriores).
As modalidades devanditas aplicaranse tando á Categoría de Adultos como á Categoría de Infantil.
PREMIOS
ADULTOS CARROZAS
1º Premio: 600 €
2º Premio: 440 €
3º Premio 350 €
ADULTOS COMPARSA
1º Premio: 380 €
2º Premio: 320 €
3º Premio: 300 €
INFANTIL CARROZA
1º Premio: 400 €
2º Premio: 300 €
INFANTIL COMPARSA DE CENTROS EDUCATIVOS OU ASOC. DE SARRIA
1º Premio: 450 €
2º Premio: 360 €
3º Premio: 240 €
4º Premio: 180 €
INFANTIL COMPARSA
1º Premio: 260 €
2º Premio: 220 €
FÓRA DA COMARCA
1º Premio carroza: 350 €
2º Premio comparsa: 220 €
MELLOR DISFRAZ EN TRÍO ADULTOS / INFANTIL: 150 € / 150 €
MELLOR DISFRAZ EN PARELLA ADULTOS / INFANTIL: 100 € / 100 €
MELLOR DISFRAZ INDIVIDUAL ADULTOS / INFANTIL: 60 € / 60 €
ACCÉSIT. PREMIO AO PARTICIPANTE MÁIS ANIMADO: 60 €
Cómpre lembrar que os premios que superen os 300 € están suxeitos a retención do IRPF.
INSCRICIÓNS
O prazo para inscribirse remata o xoves 3 de marzo ás 12:00 h. e poderase facer enchendo o impreso correspondente –accesible na sede electrónica— e mediante rexistro virtual ou presencial no Concello e tamén a través do correo cultura@sarria.gal
Xunto co impreso haberá que achegar copia do DNI e certificado de titularidade da conta bancaria para facer efectivos os premios.