IniciosociedadeO desfile de comparsas de Sarria pecha o Entroido no sur de...

O desfile de comparsas de Sarria pecha o Entroido no sur de Lugo

Este domingo 6 de marzo, o Concello de Sarria celebrou o seu tradicional desfile cuns 400 participantes. A tarde estivo fría pero as carrozas e comparsas animaron un percorrido moi entretido e con orixinais propostas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria pechou as celebracións de Entroido este pasado domingo 6 de marzo, e fíxoo máis tarde do habitual por ter que adiar a data deixándolle oco á última etapa da volta ciclista a Galicia, ‘O Gran Camiño’ o pasado domingo de entroido..

A serpe entroideira fíxose esperar un pouco e as rúas que formaban parte do percorrido enchéronse de xente para asistir a un bo espectáculo, cunhas 20 propostas moi orixinais e divertidas como foron, por exemplo, as locais que lembraron a Elvis e ás Tanxugueiras.

Tamén se achegaron ata Sarria outras comparsas e carrozas que esgotaban nesta vila o seu periplo por outros desfiles como, por exemplo, ‘Non hai fronteiras no espazo’ e ‘A chegada da Raíña Isabel a Sarria’ –gran triunfadora deste ano, con premios en todos os desfiles aos que se presentou–.

A Raíña de Inglaterra co Príncipe Carlos / XdL

O final do percorrido foi na Praza da Vila e o xurado deu o seu veredicto. Un xurado formado por membros de asociacións locais: Peleiriños, Meigas e Trasgos, Sarricanta e ACES.

PREMIOS 2022

Adultos carrozas

1º Premio, dotado con 600 €, para “Los revoltosos con Elvis”.

2º e 3º Premio quedaron desertos.

Adultos comparsa

1º Premio, dotado con 350 €, para “Xeración Drag´ón Ball”.

2º Premio, dotado con 320 €, para “Los payasos de la resistencia”.

3º Premio, deserto.

“Xeración Dragón Ball” / XdL

Infantil Carroza, premios desertos.

Infantil comparsa de centros de ensino ou asociacións de Sarria

1º Premio, de 450 €, para “Adiante a Pascua”.

Resto de premios desertos.

“Adiante a Pascua” / XdL

Infantil comparsa

1º Premio, dotado con 260 €, “Sete ferreñas”.

2º Premio deserto.

De fóra da comarca

1º Premio carroza, con 350 €, para “Non hai fronteiras no espazo”.

1º Premio comparsa, con 220 €, para “A chegada da Raíña de Inglaterra a Sarria”.

“Non hai fronteiras para o espazo” / XdL

Mellor disfraz en parella adultos: Dotado con 100 €, para “As cuñadas de ouro”.

Mellor disfraz trío adultos: Dotado con 150 €, para “As ninfas da Chaira lucense”.

Mellor disfraz individual adultos: Dotado con 60 €, “La bruja a que te pincho”.

“La Bruja a que te pincho” / XdL

Mellor disfraz en trío menores: dotado con 150 €, para “As damiñas enfloradas e o seu Mouchiño”.

“As damiñas enfloradas e o seu Mouchiño” / XdL

Mellor disfraz en parella menores: Dotado con 100 €, para “La tortuga”.

“La tortuga” / XdL

Mellor disfraz individual menores: Con 60 €, para “Armadillo”.

“Armadillo” / XdL

Accésit Premio ao participante máis animado: Con 60 €, para “El pirata”.

Outros disfraces orixinais non premiados

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...