HomeSucesosEvacuado un colexio en Sarria por un incendio no cadro eléctrico

Evacuado un colexio en Sarria por un incendio no cadro eléctrico

Non houbo persoas afectadas.

Publicado o

- Advertisement -

O Colexio A Merced situado no municipio de Sarria foi evacuado este luns pola mañá por precaución debido a un incendio nun cadro eléctrico, pero non houbo feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, por precaución o equipo directivo do centro procedeu a evacuar as aulas, mentres os equipos de emerxencias comprobaron os poucos danos que se produciron nun cadro eléctrico.

As mesmas fontes de emerxencias indicaron que o que ardeu debido a este incendio foi un cable, polo que o alumnado puido volver ás clases con normalidade.

Persoal de mantemento do colexio é o encargado de reparar os danos ocasionados por este pequeno lume neste centro educativo, no que non houbo persoas afectadas.

Esta incidencia rexistrouse no 112 Galicia pouco despois das 11,00 horas deste luns mediante as chamadas de alerta da dirección do centro. Para facer fronte á situación, enviouse un aviso aos bombeiros da localidade e pediuse o apoio da Policía Local.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...