HomesociedadeRemate das obras nas cubertas das instalacións do CAPD de Sarria

Remate das obras nas cubertas das instalacións do CAPD de Sarria

A Consellería de Política Social finalizou os traballos de substitución das cubertas do edificio principal e o pavillón polideportivo do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) desta localidade. O investimento ascendeu a 452.200 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, o xefe territorial de Política Social en Lugo, Javier Vázquez Nodal, e o director do CAPD, Luis Pardo, visitaron este martes 29 de marzo as instalacións afectadas polas obras para comprobar as reformas realizadas.

As melloras, ademais das cubertas devanditas, incluiron tamén o acondicionamento da explanada de acceso, cun orzamento de 42.200 euros.

Os responsables autonómicos explicaron que nos últimos meses tamén se destinaron 20.800 euros a obras menores e adquisición de equipamento, entre elas a impermeabilización da terraza, a instalación de portas automáticas no acceso ao centro para poder illar dous espazos diferenciados a causa da Covid-19, a colocación de seis bancos no xardín, e a adquisición dun autoclave, unha termoselladora e diverso mobiliario.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...