HomeCulturaÉxito no primeiro paseo guiado do #DescubrindoSarria

Éxito no primeiro paseo guiado do #DescubrindoSarria

Este domingo, 5 de xuño, Guido Guía deu a coñecer lugares de Sarria a un nutrido grupo de visitantes chegados de diferentes puntos de Lugo e algún deles extranxeiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hoxe tivo lugar o primeiro paseo guiado do ciclo #DescubrindoSarria da man do turismólogo Guido Guía.

O percorrido guiado transcorreu polo centro histórico, por algún paso do Camiño de Santiago Francés, por Barbadelo, A Rañoá, Farbán e outros recunchos sarriaos menos coñecidos que para Guido Guía teñen o seu aquel.

En total foron unhas 28 amigas e amigos chegados doutras localidades da provincia como Ribadeo, Barreiros, Ribeira de Piquín, Lugo, O Saviñao, A Pobra do Brollón e Samos. Tamén houbo xente de Sarria e com odato anecdótico participou algún visitante de Perú, Venezuela e Moldavia.

Guido Guía nunha das súas explicacións. Foto: Ana M Dopazo Pérez
Guido Guía posando co grupo de visitantes. Foto: Ana M Dopazo Pérez

Guido Guía dinos estar moi satisfeito coa acollida deste primeiro paseo e traslada o seu agradecemendo ao Concello De Sarria por contar con el. Tamén agradece a Ana M Dopazo Pérez o seu traballo como fotógrafa.

“Descubrindo Sarria con Guido Guía” é unha iniciativa que presentou semanas atrás o Concello de Sarria para coñecer baixo unha ollada diferente o concello con paseos guiados de balde que terán lugar entre o 5 de xuño e o 4 de setembro. As vindeiras visitas guiadas serán o 3 de xullo, o 7 de agosto e o 4 de setembro.

Para anotarse chega con escribir un correo electrónico a guidoguiaturismo@gmail.com

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...