HomeComarca de SarriaSarria'Ultreia et Suseia': narración, comedia e música co Camiño Francés de fondo

‘Ultreia et Suseia’: narración, comedia e música co Camiño Francés de fondo

Este novidoso evento celebrarase na comarca de Sarria entre o 22 de xullo e o 13 de agosto. Nesta primeira edición contará con nomes como Goyo Jiménez, Ángeles Goás, Carlos Blanco, Maria da Pontragha ou Caldo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira edición de “Ultreia et Suseia” celebrarase na comarca de Sarria entre mediados de xullo e mediados de agosto co obxectivo de dinamizar as tardes e noites do verán. As actividades, que serán vehiculadas a través do Camiño Francés, conteñen espectáculos de comedia, concertos, artes escénicas e charlas.

As actividades de Ultreia et Suseia, nome que fai referencia ao histórico saúdo do Camiño de Santiago e que pode traducirse do latín como “Segue adiante, máis arriba”, son de balde agás as actuacións dos monologuistas Goyo Jiménez, que abre o festival o 22 de xullo, e de Carlos Blanco, que actuará o 12 de agosto.

Este evento, organizado pola produtora Etiqueta Negra, conta co importante apoio económico da Xunta, Xacobeo 21-22, Concello de Sarria e Oficina de Turismo de Sarria.

Este novo evento, segundo palabras dos organizadores, “nace da converxencia do ciclo de monólogos Sarria Sorrí, que nas súas dúas edicións trouxo a grandes estrelas da stand-up comedy á comarca de Sarria, e do festival de contos e narración oral Sarria Sorrí”. Ultreia et Suseia intentará , dende unha visión artística multidisciplinar, poñer en valor a zona dende todos os ámbitos culturais posibles.

ARTES ESCÉNICAS

Ultreia et Suseia apostará tamén espectáculos de artes escénicas, tamén de balde nos que, por exemplo, pequenos e maiores poderán de sesións de narración oral como O paroleiro, levada a cabo por Pablísimo, e de Na punta da lingua, espectáculo de Ana Carreira.

Pensando no público adulto, preséntanse outros espectáculos narrativos como o que propón Ángeles Goas con O medo é libre no que mesturará contos propios e outros que proveñen da tradición oral sobre o medo e as súas consecuencias. María da Pontragha, outra das narradoras emerxentes galegas, presentará Coa palabra na boca contando historias de disidencias cheas de heroínas que non existen nos libros e heroes sen nome.

CAMIÑOGRAFÍAS

Camiñografías poñerá fin a este ciclo o 13 de agosto. Trátase dunha xornada completa para coñecer doutro xeito o patrimonio hist´órico de Sarria. Participarán César No, Ernesto Is, Nerea Breyh, Javier G. Lojo e Mr. Brandán & CO facendo posible unha experiencia inmersiva onde se poderán descubrir as realidades históricas de Sarria.

Ademais, este fin de festa de Ultreia et Suseia incluirá a actuación en directo dos vigueses Caldo, unha formación que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos; e tamén haberá unha pinchada de Jorginho DJ e JLG.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...