HomeComarca de SarriaSarriaSarria prepárase para unha finde de música ‘espectacular’

Sarria prepárase para unha finde de música ‘espectacular’

De venres a sábado terá lugar ‘A Verbena’ cun selecto e amplo cartel de bandas do panorama galego e nacional e tamén actuarán Roi Casal na Praza da Vila e ‘Dous bos’ onde a igrexa de Santa Mariña.

Publicado o

- Advertisement -

O establecemento sarriao O Meigallo e a asociación SonVerbam teñen xa todo listo para unha nova edición do ‘Verbena Fest’, evento local que estivo estes anos interrompido por mor da pandemia.

Este ano volve con forza e cun formato no que haberá concertos de balde e concertos de pago para sacar adiante o custe económico dalgunha das bandas participantes.

O venres 15 ás 21:00 h. comeza a festa, neste caso con actuacións gratuítas dos grupos Coolflanders, chegado dende Monforte, e Le temps du Loup dende Madrid. Para rematar pinchará o DJ local Lois.

Chegando ao sábado 16, haberá xa unha sesión vermú pola mañá a cargo de Anarchiks –ás 13:00 h. no Malecón– e de Mad Mission –ás 14:00 h. no Meigallo–.

O prato forte chegará á noite coa presenza dos grupos Belako, que chega dende Euskadi, Sex Museum, dende Madrid, Sexy Zebras, banda local, Fonkid, El Chico López e Jardín de la Croix que poñerán a guinda a unha espectacular fin de semana de música indei, pop, rock.

ROI CASAL  

O recoñecido músico pontevedrés chegará a Sarria este sábado 16 para ofrecer o concerto ‘Músicas no Camiño’ na Praza da Vila ás 22:30 h. A entrada será de balde e o espectáculo forma parte do ciclo de concertos do Xacobeo 2022-23, ciclo no que estiveron días atrás xa Guadi Galego e De Vacas.

Roi Casal foi integrante da mítica banda galega Milladoiro entre os anos 2000 e 2009 e os seus traballos en solitario foron aclamados por crítica e público sendo número 1 en vendas. Casal é un virtuoso coa arpa céltica e a zanfona, instrumentos milenarios do noso país e a súa música utilizouse como banda sonora para producións cinematográficas e de TV en distintos países.

AS TARDIÑAS DE SANTA MARIÑA

O domingo 17 ás 19:30 h. un novo concerto poñerá música ao Camiño Francés onde a igrexa de Santa Mariña. Nesta ocasión será a formación ‘Dous bos’, os encargados de amenizar a velada con ritmos de blues e rockandroll.

Foto do seu Facebook (Dous Bos)

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...