HomeComarca de SarriaSarriaHumor en feminino "Sen restricións" en Sarria

Humor en feminino “Sen restricións” en Sarria

Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro actúan este venres 29 de xullo ás 21:30 no Parque de Santa Mariña en Sarria. O espectáculo forma parte da programación de 'Ultreia et Suseia'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O espectáculo de comedia ‘Sen Restricións’, a cargo das actrices e humoristas Ledicia Sola, Carmen Méndez e Marta Doviro, será de balde e realízase dentro do marco do festival multidisciplinar Ultreia Et Suseia.

Sen Restricións é a unión de tres mulleres no escenario dispostas a compartir co público as súas historias. Tres actrices supostamente serias que resultaron ser unhas paiasas. Tres cómicas que nos contan as súas propias películas sobre temas tan disparatados como o amor, as drogas, o Apóstolo Santiago, ligar nos tempos que corren, o vexetarianismo ou A Costa da Morte.

Ultreia et Suseia é un evento organizado pola produtora Etiqueta Negra e apoiado polo Concello de Sarria e a Xunta de Galicia, un proxecto ambicioso que busca poñer en valor á zona desde todos os ámbitos culturais posibles.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...