HomesociedadePiden seis anos de prisión para o presidente dunha comunidade de montes...

Piden seis anos de prisión para o presidente dunha comunidade de montes de Sarria por quedar con 66.000 euros

Deberá indemnizar a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Chorente con ese diñeiro.

Publicado o

- Advertisement -

A Sección 2 da Audiencia Provincial de Lugo celebrará o vindeiro venres día 30 un xuízo contra o que fora presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Chorente, en Sarria, por quedar con case 66.500 euros da sociedade, polo que a Fiscalía pide seis anos de prisión.

Tal como recolle no seu escrito o Ministerio Fiscal, o acusado, entre outras funcións, encargábase da xestión da conta da entidade e estaba autorizado para realizar operacións nela.

Deste xeito, “inspirado polo ánimo de enriquecerse de maneira ilexítima” e “prevaléndose do cargo que ocupaba”, entre os días 11 de xullo de 2011 e 9 de xullo de 2017, “realizou múltiples operacións para apropiarse dun total de 66.448”.

Así mesmo, Fiscalía afirma que o acusado actuou “en prexuízo da comunidade e sen o consentimento” dos seus membros. Ademais, a Comunidade de Montes non recuperou “ningunha das cantidades” que foi retirando o acusado da súa conta.

O Ministerio Fiscal sinala que estes feitos supoñen un delito continuado de apropiación indebida agravada, por superar a cantidade defraudada os 50.000 euros. Así mesmo, constitúen un delito de falsidade en documento mercantil.

Por iso, a Fiscalía pide impor ao acusado a pena de seis anos de prisión. Ademais, deberá indemnizar a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián de Chorente con 66.448,5 euros.

ÚLTIMAS

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis...

Deteñen un home en Monforte por bater a outros dous diante dun pub

A Policía Nacional detivo o mércores a un home en Monforte de Lemos por...

Comeza a fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Xunta, a través de Turismo de Galicia, promove esta fin de semana unha...

“O agrarismo nas terras de Chantada” preséntase este 23 de maio na vila do Asma

O Certame ten por obxecto promover labores de investigación na lingüística, a historia, a...