HomesociedadeQuiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

Estaba previsto para este domingo 15 de febreiro. As malas previsións meteorolóxicas, con previsión de choiva para a tarde, levaron a tomar a decisión de adialo ao vindeiro domingo, día 22.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que aínda se poda anotar máis xente pois a organización informa que o prazo de inscrición para participar no concurso-desfile de comparsas estará aberto ata o xoves 19 de febreiro.

O desfile sairá ás cinco da tarde dende a rúa Piscinas para percorrer a rúa Real ata a Casa Consistorial onde rematará cun baile de disfraces animado cunha charanga e unha invitación a chocolate con churros.

PARTICIPACIÓN

No concurso poden participar todas as persoas que o desexen, tanto deste Concello de Quiroga coma doutros, sempre e cando se acollan as dúas modalidades de participación estipuladas: a Modalidade comparsa (integrada polo menos por dez membros) e a Modalidade disfrace individual (que como máximo agrupará tres membros por disfrace).

Cada participante nomeará un representante para formar parte do xurado, polo que o xurado cualificador estará composto por tantos membros coma comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado despois de asistir ao desfile, valorarán cada comparsa menos á que representa. Terase en conta para dita valoración a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración de vestiario e a elaboración da carroza.

Disfraz individual chegado do Courel e premiado en 2025. Foto: Concello de Quiroga.
PREMIOS

Para a modalidade de comparsa establécese un primeiro premio de 600 €, un segundo premio de 400 € e un terceiro premio de 300 €. O resto das comparsas participantes recibirán 100 €.

Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio ao mellor disfrace dotado con 60 €.

O Concello de Quiroga informa que os premios estarán suxeitos ao disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, e que serán entregados na rúa Real, diante do Concello, ao remate do desfile. E lembra que para participar no desfile é preciso inscribirse, presentando a documentación esixida, na Casa da Cultura ou na Sede electrónica do Concello de Quiroga onde tamén se poden consultar as bases e a documentación requirida.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...