HomesociedadeA ANPA do Frei Luis de Granada denuncia ser enganada coa desafectación...

A ANPA do Frei Luis de Granada denuncia ser enganada coa desafectación das vivendas dos mestres

"Esta reivindicación é exclusivamente das familias, e seremos as familias quen actúe en consecuencia, a cuestión é facer non desfacer, as promesas non valen, necesitamos feitos", aseguran desde a ANPA.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo apuntan desde a ANPA, tras contactar coa xefatura territorial de Lugo para informar da situación destas vivendas, o proceso que se levou a cabo foi o seguinte:

  • Inicio petición de desafectación no 2014.
  • Novembro do 2014 desde Santiago emítese unha orde para que se comece co proceso, e requírase documentación.
  • Febreiro do 2022 o concello remite unha Certificación de acordo plenario.
  • 9 de marzo da 2022 a Xunta fai requirimento de documentación.
  • O 18 de outubro do 2022, pídese a opinión do consello escolar para a desafectación, o proceso xa estaba iniciado.
  • O día 27 de outubro sae a publicación na prensa.

O día 7/11 desde o ANPA solicítase a ITE, e o poder participar na presentación de proxectos para a súa valoración, co fin de participar de modo cooperativo. A día de hoxe non existe resposta do concello.

Vivendas dos mestres Frei Luis de Granada / ANPA

Aseguran desde a ANPA, que este 22 de novembro a Xunta informa que desde o Concello de Sarria non se achegou máis documentación desde febreiro. Insisten en que as vivendas referidas carecen de ITE, “no decreto 61/2021 é obrigatorio para vivendas con mais de 50 anos, cun prazo de tres. Con todo é evidente que estes edificios hoxe non cumpren os requisitos mínimos, de habitabilidade, salubridade e seguridade, á parte de ter constancia da súa ocupación. Ratas, electrodomésticos tirados nos patios, xiringas, lume e fume dentro das vivendas, gretas, derrubes, en plena zona escolar é o noso día a día.”

Así volven solicitar, a ITE inmediata onde se resolvería a declaración en ruínas, a entrega da documentación para a desafectación a educación e que o consello escolar non sexa enganado “facendo ver que se conta coa súa opinión cando as decisións tómanas antes de propoñelas.”

A ANPA propón a construción dun parque público cuberto e conclúe que “á marxe de calquera sigla política, ao noso colexio represéntano as nais e pais dos seus alumn@s a través do ANPA, a dirección e o profesorado a través da elección dos seus representantes. Somos 400 familias, con distintas ideas, todas respectables, esta reivindicación é exclusivamente das familias, e seremos as familias quen actúe en consecuencia, a cuestión é facer non desfacer, as promesas non valen, necesitamos feitos”.

Vivendas dos mestres Frei Luis de Granada / ANPA

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...