HomesociedadeO alcalde de Sarria xustifica o cesamento do concelleiro de Servizos Sociais...

O alcalde de Sarria xustifica o cesamento do concelleiro de Servizos Sociais por “lagoas” na súa xestión

O rexedor, Claudio Garrido, que militou moitos anos no PSOE, confirma que se presentará á reelección de novo coa marca Camiña Sarria

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, xustificou este mércores o cesamento do xa exconcelleiro de Servizos Sociais, Benjamín Escontrela, porque “na xestión había moitas lagoas”. A pasada semana comunicábase o cesamento de Escontrela, edil de Galicia Sempre que era o socio de goberno de Camiña Sarria, a marca do rexedor.

“Evidentemente, cando se produce un cesamento ou unha dimisión, iso responde a unha falta de confianza na xestión. No caso de Benjamín Escontrela, levaba dúas competencias importantes, en Servizos Sociais e a residencia de maiores”, xustificou.

Claudio Garrido puxo de manifesto que “ao longo destes anos, na xestión de Escontrela había moitas lagoas, había desconfianza, fundamentalmente (…) nos procedementos administrativos que se teñen que facer en calquera administración, tanto de persoal como de licitacións”.

“Non se respectaban eses principios que deben de guiar á igualdade e a transparencia nunha administración”, insistiu, para explicar o cesamento e a retirada de competencias do edil. No caso concreto da residencia de anciáns, aseverou que son “públicas unhas deficiencias” e que ademais “se incrementaron ao longo dos anos e sen que se puxo remedio”.

Garrido quixo deixar claro que “este era motivo máis que suficiente, sen buscar ningún outro motivo nin sequera político”, dado que se chegou a especular cun achegamento de Escontrela ás filas socialistas. Finalmente, o alcalde de Sarria confirmou que se presentará á reelección nas municipais da primavera do próximo ano baixo as siglas de Camiña Sarria. Desta forma despexaba calquera dúbida sobre unha posible volta ao PSOE, onde militou durante moitos anos e mesmo foi rexedor coas súas siglas.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...