HomeComarca de SarriaSarriaO 30% dos peregrinos que chegan a Compostela teñen como punto de...

O 30% dos peregrinos que chegan a Compostela teñen como punto de partida Sarria

Está é unha das conclusións ás que chega o informe “Estratexias Turísticas para Sarria: O Camiño de Santiago como Dinamizador Turístico”, estudo que se presentou hoxe en Sarria. No traballo tamén se propoñen accións como darlle protagonismo a Sarria e nomeala "A Vila do Camiño", ou captar ao público infantil con iniciativas atractivas e divertidas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Eixo Atlântico deu a coñecer este venres 16 de decembro o informe “Estratexias Turísticas para Sarria: O Camiño de Santiago como Dinamizador Turístico”, no Concello de Sarria. Ao acto, acudiu o secretario xeral do Eixo Atlântico, Xoán Vázquez Mao, o alcalde do Concello de Sarria, Claudio Garrido, e a concelleira de Camiño de Santiago e de Cultura, Reyes Abellá.

O 30% dos peregrinos que chegan a Compostela teñen como punto de partida Sarria e, máis do 50%, recorren o Camiño Francés. Por este motivo, Sarria é un concello protagonista neste modelo turístico. O municipio asume un forte compromiso co produto “Camiño de Santiago”, sendo o único municipio galego que conta cunha concellería do Camiño de Santiago.

Este informe, escrito por Mª Carmen Pardo López (IPVC, Instituto Politécnico de Viana do Castelo; Centro de Investigação Desenvolvimento e Inovação em Turismo (CITUR) – Coimbra) e Ana Luísa Ladeiras (CEO, Around Europe Advisors, Lda.), ten como obxectivo conseguir propor actuacións viables técnica, económica e legalmente, que permitan impulsar o turismo en Sarria como municipio protagonista no Camiño de Santiago.

Sarria é o único municipio galego que conta cunha concellería do Camiño de Santiago

ACCIÓNS PARA IMPULSAR O TURISMO RELACIONADO CO CAMIÑO DE SANTIAGO

Dentro das dez accións que as expertas elaboraron, destácase a iniciativa de tematizar Sarria como un territorio que se coñeza como “A Vila do Camiño”, aumentando o seu reclamo por si mesma. Outra actuación estudada é a de adaptar o Camiño ao público infantil. Esta idea, denominada “Camiño iniciático”, contempla unha inmersión no camiño dun xeito sinxelo, divertido e didáctico.

Por outra banda, o informe presenta o proxecto “Centro de inmersión nos Camiños de Santiago”. Este espazo sería unha razón para visitar expresamente Sarria dirixido, expresamente, a aqueles potenciais peregrinos de proximidade e, para que os peregrinos de paso, aumenten a súa estancia en Sarria.

ÚLTIMAS

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

José Tomé Roca revalida a Secretaría Xeral do PSdeG de Lugo

Tomé Roca logrou 801 votos fronte aos 585 obtidos por Iván Castro, Deputado Provincial...

Case mil persoas participaron este domingo na XV Carreira Popular Concello de Monforte

O número de inscritos na XV edición da Carreira Popular de Monforte de Lemos,...