HomePolíticaVíDEO: Ana Pontón felicita o novo ano dende Chorente, en Sarria

VíDEO: Ana Pontón felicita o novo ano dende Chorente, en Sarria

A mensaxe reivindicativa amosa a "confianza en Galicia" e nos seus cidadáns para saír desta crise e construír un futuro mellor. Foi feita dende a súa casa familiar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun vídeo difundido por redes sociais, Ana Pontón apela ás súas vivencias persoais para transmitir a importancia do rural, o respecto aos maiores, para os que reclama o dereito a unha “vellez digna“, e o valor do traballo das mulleres. Neste sentido, afirmou que “si ou si” o futuro será “en igualdade”.

Ademais, salientou que lle “indigna” a deterioración dos servizos públicos, en especial a sanidade, para a que reclama que non se “roube o dereito á saúde”. A líder do BNG reivindicou a importancia das “raíces”. “Cada ano volvo a esta cociña, porque desde as raíces somos capaces de avanzar e, por iso, a pesar das dificultades, teño confianza no futuro, porque teño confianza en Galicia e en todos e todas vós”, proclama na súa mensaxe.

Aquí o vídeo:

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...