HomePolíticaCarmen José López candidata do PP á alcaldía de Sarria

Carmen José López candidata do PP á alcaldía de Sarria

Avogada con despacho en Santiago e Lugo, Carmen José López é asesora xurídica do Eixo Atlántico e vocal para a provincia de Lugo da Asociación Galega de Autónomos e Pequenas Empresas.

Publicado o

- Advertisement -

O comité executivo do PP de Sarria acordou por unanimidade na reunión deste sábado designar candidata á Alcaldía nas próximas eleccións municipais do mes de maio a Carmen José López Rodríguez. “Faime gran ilusión este proxecto que ten como obxectivo devolver o esplendor e o seu lugar no mundo á nosa excepcional terra”, reivindicou López, que leva anos vinculada ao asociacionismo dentro do ámbito empresarial e, sobre todo, do emprendimiento, segundo recollen os ‘populares’ nun comunicado.

Para ela, Sarria está “chea de ilusión” e cre que hai que mirar para o futuro e non centrarse en “loitas de egos que enchen de enfrontamentos a situación política da vila”. Para o presidente do PP local, Fernando Carlos Rodríguez, a nova candidata é unha persoa moi vinculada persoal e familiarmente a Sarria, onde tanto ela como os seus pais tiveron distintas responsabilidades.

Avogada con despacho en Santiago e Lugo, Carmen José López é asesora xurídica do Eixo Atlántico e vocal para a provincia de Lugo da Asociación Galega de Autónomos e Pequenas Empresas. No ámbito institucional, foi secretaria xeral da Asociación de Novos Empresarios (Aje) de Lugo entre 2009 e 2016 e presidenta de Aje Galicia entre 2014 e 2017 e membro da xunta directiva da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...