HomeComarca de SarriaO comité de empresa de Inelcom en Sarria esixe á empresa que...

O comité de empresa de Inelcom en Sarria esixe á empresa que entregue “toda a documentación” sobre o ERE

Publicado o

- Advertisement -

O comité de Inelcom en Sarria (Lugo) mantivo a cuarta reunión de negociación do expediente de regulación de emprego (ERE) coa empresa, tras a que segue sen ver a “causalidade” da medida que expón a dirección. Pola súa banda, os representantes dos traballadores esixen “claridade nos datos achegados” e “toda a documentación que aínda falta por entregar”.

“Insistímoslles en que cos datos achegados ata a data seguimos sen ver a causalidade da medida”, destaca a portavoz do comité, Olga López. Así as cousas, a comisión negociadora indicou que “de seguir insistindo en levar a cabo o ERE, deben achegar toda a documentación requirida e o número de afectados debe ser moi inferior ao exposto ata a data”, informa Lópoez.

“Esperamos que na reunión que imos manter o día 18 a empresa veña cunha postura clara e definida que nos permita avanzar nunha negociación que ata a data está a ser moi laboriosa pola falta constante de claridade da parte empresarial”, subliña.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...