HomeComarca de SarriaSarriaCantos de taberna infantís e desfile de Entroido en Sarria

Cantos de taberna infantís e desfile de Entroido en Sarria

Os 'Cantos de taberna pequenos' son este sábado, 6 de abril, e o desfile o domingo 7.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria organiza, xunto coa Asociación Peleriños, a segunda edición dos bautizados como “Cantos de taberna pequenos“. A actividade comezará o sábado 6 de abril ás 18:00 h. cunha ruada por Sarria percorrendo as tabernas do Malecón e rematará ás 19:30 h. co espectáculo “Consertasso na horta” de Brais das Hortas. Este espectáculo para todos os públicos terá lugar ao final do Malecón.

Os grupos participantes na ruada con visita ás tabernas son a A.C. Peleiriños e Aula de Música Tradicional do Concello do Incio, e tamén a A.C. Val de Láncara.

DESFILE DE ENTROIDO

Para o domingo 7 de abril está programado o desfile de entroido, evento que no seu día tivo que ser adiado por mor das condicións meteorolóxicas. A saída será ás 17:00 h. dende a Feculeira, continuando o percorrido pola Rúa da Liberdade, Rúa Diego Pazos, Rúa Matías López e remate na Praza da Vila ás 19:00 h.

Amenizará DJ-Tibu e farase entrega de premios ao rematar o desfile.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...