Paseniño, paseniño, vanse achegando as Festas Patronais de San Xoán de Sarria, unha celebración que pon á vila no centro do mapa da provincia de Lugo.
A programación que se presenta para este ano é ampla, diversa e para todos os públicos, comezando o venres 21 e rematando o martes 25 de xuño. Ademais das actuacións musicais, que serán as grandes protagonistas, haberá actividades relacionadas coa cultura do lume chegadas dende terras do Mediterráneo, deportes, festival infantil, maxia e un concurso de baile.
Como detalle curioso, dende o goberno local decidiuse que todos os días de festividade haberá dúas horas sen ruído na zona das atraccións (das 18:30 ás 20:30 h) en atención a aqueles nenos/as e maiores con hipersensibilidade acústica.
O pregoeiro será Xaime Félix López Arias, coñecido popularmente como “Arlindo”, e a lectura do texto que lle dedique ás festas será o venres 21 ás 20:00 h. na Casa do Concello. A continuación será a “Tirada do foguetón”, e haberá actuacións na Praza da Constitución, desfile das “Pampónigas” e “Dimonis” de La Plana e ‘VibraXoán’ nos Catro Camiños.
PROGRAMA COMPLETO
VENRES 21
-21:30 h. Artista Local.
-22:30 h. Nena Daconte no cruce de Catro Camiños.
-22:30 h. Verbena: “Players” e “Kubo” no Campo de Rugby.
Comenzo do XXXIV TORNEO FÚTBOL SALA.
SÁBADO 22
-Pasarrúas co grupo tradicional “Peleriños” e a charanga “Louband”.
-VibraXoán no Campo de Rugby:
-20:00 h. Actuación da charanga local Louband.
-20:15 h. Ultramarinos.
-21:45 h. Actuación da Disco Móbil “Duendeneta”.
-“Cea Americana” e verbena coa orquestra “Tokio”.
-23:15 h. Concerto de “Niña Polaca” no Campo de Rugby.
-1:00 h. Verbena coa orquestra “La Fórmula” no Campo de Rugby.
DOMINGO 23
Sesión Vermú: “Duendeneta” na explanada da Estación.
Pasarrúas: “Banda de Música da Comarca de Sarria” e “Charanga Paradela”.
-21:30 h. “Pancetada Popular” no Campo da Feira.
-22:30 h. Actuación musical do grupo “Eoas”.
-23:00 h. Queimada Popular.
-00:00 h. Fogueira de San Xoán.
-00:05 h. “Correfoc – Dimonis”.
-00:30 h. Verbena coa orquestra “New York” no Campo de Rugby.
-19:00 h. Final do XXXIV TORNEO FÚTBOL SALA.
LUNS 24
-Pasarrúas: “Banda Municipal de Sarria” e “Dimonis” de la Plana.
-11:30 h. Recepción de autoridades na Casa do Concello.
-11:55 h. Repenique de campás.
-12:00 h. Misa Maior.
-12:45 h. Procesión.
-13:30 h. Vermú na Sociedade Recreativa La Unión.
-Pasarrúas de tarde con “Louband”, “Meigas e Trasgos” e “Peleriños”.
-22:15 h. Verbena a cargo da orquestra “Ocaband” no Campo de Rugby.
-00:00 h. Fogos de artificio.
-00.15 h. Verbena coas orquestras “Paris de Noia” e “Ocaband”.
MARTES 25
-13:30 h. Vermú na Sociedade Recreativa La Unión.
-18:00 h. Festival Infantil na Praza da Vila.
-19:30 h. Hora Máxica co mago local “Roberto Lolo”.
-20:30 h. Concurso de baile.
-22:30 h. Verbena de peche de festas coa orquestra “Los Satélites” no Campo de Rugby.