HomeSucesosAtropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

A circulación ferroviaria permaneceu cortada durante o operativo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte. O suceso tivo lugar nun paso a nivel da Florida e o home tivo que ser evacuado ao Hospital de Monforte. 

Segundo informou o 112, eran as 22.45 horas cando un particular alertou ao servizo de que un home acababa de ser alcanzado por un tren e necesitaba asistencia sanitaria urxente. Deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos bombeiros e á Policía Local de Monforte, ademais da a Policía Nacional e ao persoal de emerxencias de ADIF. A circulación ferroviaria permaneceu cortada durante o operativo.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...