HomeComarca de SarriaSarriaO 'Sarria & Blues no Camiño' fíxase no blues feito en Galicia

O ‘Sarria & Blues no Camiño’ fíxase no blues feito en Galicia

A 3ª edición deste festival celebrarase do 1 ao 4 de agosto en diferentes escenarios da vila.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Os concertos comezarán o xoves día 1 de agosto no Dique, coa actuación de The Blues Moonshiners e Javier Turnes & The Hakemen. O venres 2 o escenario será O Meigallo, onde actuarán C.T. Powell e Martins Aneiros Band, para continuar o sábado 3 cun pasarrúas ao estilo e Nova Orleans, coa música de The Dixie Blinders e a Orquestra Municipal de Sarria. O festival concluirá o domingo coa proxección dun documental e a tradicional festa e despedida na Rúa da Música.

PASARRÚAS COMO OS DE NOVA ORLEÁNS

O 3 de agosto terá lugar o esperado pasarrúas musical ao estilo dos que se celebran en Nova Orleans, un dos principais berces do jazz e o blues. Estará amenizado pola banda de early jazz, dixie e swing, The Dixie Blinders, e pola Orquestra Municipal de Sarria.

A organización do festival convida a todos os veciños e veciñas a sumarse a este desfile, de forma privada, como asociación, charanga entroideira ou calquera outro tipo de colectivo. O desfile musical xa se ensaiou o ano pasado e nesta ocasión percorrerá a Rúa da Liberdade a partir das sete da tarde. O obxectivo desta festa musical itinerante é convertela no acto central desta cita co blues.

APOSTANDO POLO BLUES FEITO NO PAÍS

Nesta cita o Sarria Blues no Camiño aposta por bandas que interpretan os distintos estilos do blues e a música afroamericana en xeral, desde o máis tradicional ao máis urbano e electrificado. E cunha particularidade para esta edición, a maioría das bandas son de orixe galega nunha aposta do festival por dar a coñecer o traballo dos nosos músicos.

The Blues Moonshiners son un trío de blues rural tradicional de Santiago; Javier Turnes & The Hakemen é unha banda e blues & soul liderada por un dos maiores expertos en música afroamericana de Galicia e creador o Fisterra Bues Experience; e Martins Aneiros Band é a formación do histórico músico ferrolano Victor Aneiros, un bluesman que domina especialmente o son do Chicago Blues e que nesta ocasión presenta o seu novo disco xunto á cantante Paula Martins. CT Powell é a banda liderada por Ciara Thornton–Powell, unha cantante de raíces afroamericanas que está apoiada pola veterana formación de Valladolid Bluedays, e que interpreta un amplo repertorio de estilos que vai desde o góspel ao blues moderno.

Por último, The Dixie Blinders son unha formación sarriá integrada por músicos cunha longa experiencia de música rueira que interpretan fundamentalmente música dixie e jazz tradicional ao estilo das marching bands de Nova Orleans, un estilo que tamén interpretará a Banda Municipal de Sarria, con repertorio especialmente preparado para a ocasión.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...