HomeDeportesSarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas...

Sarria acollerá o 12 e 13 de setembro as dúas primeiras etapas da Volta a Galicia

A Volta a Galicia percorrerá un ano máis a xeografía lucense, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Sarria será o punto de referencia das dúas primeiras etapas da proba que reúne os mellores ciclistas das categorías Sub-23 e Elite e que se celebrarán o 12 e o 13 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e o presidente da Federacion Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron as etapas na rúa Maior de Sarria.

Nesta vixésimo segunda edición, con outras dúas etapas en distintos puntos de Galicia (Xinzo de Limia e Sanxenxo) participan 112 ciclistas de 16 equipos.

A primeira etapa da Volta a Galicia, o 12 de setembro, será unha contrarreloxo individual con saída na rúa da Liberdade e chegada na rúa Maior (fronte á Igrexa de San Salvador), e un percorrido de 7,1 quilómetros pola vila e a contorna da localidade. A proba comezará ás 18.00 horas.

O trazado deseñado para o 13 de setembro, segunda etapa da Volta a Galicia, con chegada e saída na rúa da Liberdade, conta con 160 quilómetros nos que os ciclistas percorrerán tamén outros concellos das comarcas de Sarria e Lugo como Samos, Láncara, O Páramo, O Corgo, Castroverde, Baralla e Lugo (Nadela). A proba iniciarase ás 12.00 horas cunha saída neutralizada.

Trátase dun itinerario de media montaña con terreo bastante rápido e rompepernas, con Montán (Samos) e Sobrado (Baralla) -portos de terceira categoría- como puntos máis altos do circuíto.

Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovamos o apoio á Volta a Galicia, apostando de novo polo ciclismo como plataforma para amosar a riqueza natural e patrimonial e dinamizar económica e socialmente Sarria e o resto da comarca e do interior de Lugo, pola loxística e o público que trae consigo”.

Tamén destacou  a relevancia deportiva da proba para ciclistas que aspiran a unha carreira deportiva profesional. Neste sentido subliñou que “o apoio á proba pretende contribuír ao fortalecemento dunha estrutura deportiva – unha rede de clubs, competicións e público- que fomente a práctica desta modalidade e que ofreza aos ciclistas e ás ciclistas do país un itinerario de crecemento competitivo”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 12.000 euros para a organización da etapas lucenses da Volta a Galicia, un escaparate para ciclistas das categorías Elite e Sub 23, que preparan o salto ao ciclismo profesional.

ÚLTIMAS

Ferran Centelles: “A Ribeira Sacra ten todo o necesario para estar na cima do viño español”

O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o...

90.000€ nun novo vehículo de usos múltiples na Pobra do Brollón para atender as zonas rurais

O vehículo estará a disposición do persoal municipal para desprazamentos e traballos relacionados con...

A importancia de coñecer e poñer en valor o noso agro

María José Gómez destacou durante a visita a importancia de coñecer e poñer en...

O BNG de Monforte amosa o seu desacordo co proxecto urbanístico da zona D

O BNG considera que non é necesario seguir urbanizando novas zonas en Monforte cando...