HomeDeportesNovo tapiz para o adestramento do Club Rítmica Atalaia de Sarria

Novo tapiz para o adestramento do Club Rítmica Atalaia de Sarria

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse este martes a unha das sesións de adestramento do Club Rítmica Atalaia no pavillón municipal Jose Antonio González do Chanto, en Sarria, recentemente equipado cun tapiz de ximnasia rítmica.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipamento, de 14 metros por 14 metros, seguindo as medidas regulamentarias para a competición, foi adquirido polo Concello de Sarria, co financiamento da área de Deportes provincial que achegou 6.000 euros (dun importe total de 8.000)

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, enmarcou a achega “na colaboración que a área de Deportes mantén cos clubs e entidades deportivas para fomentar o deporte de base, con distintas liñas de apoio á actividade competitiva, pero tamén con outros investimentos que completan e melloran os equipamentos dispoñibles” e destacou “ a importancia dun tecido deportivo diverso que abra o abano de alternativas que as nenas e nenos teñen para realizar actividade física no seu entorno”.

O Club Rítmica Atalaia, que se puxo en marcha no último ano, conta con 40 nenas, entre os tres e os 16 anos.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...