HomeCulturaA sarriá, Yolanda Díaz, presenta "Decidín desvelar o proceso"

A sarriá, Yolanda Díaz, presenta “Decidín desvelar o proceso”

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro acompañou á sarriá, Yolanda Díaz Gallego, na presentación en Lugo do seu libro "Decidín desvelar o proceso. Na galeguidade asentouse o compromiso. Acción e evolución no Uruguay 1954-1978)”, que recolle a historia da emigración galega a Uruguay a través das súas propias vivencias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto, celebrado no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, lembrou episodios do seu activismo feminista e galeguista como as gravacións para a emisión do espazo Sempre en Galicia na emisora uruguaia Radio Carve ou a organización de actividades e eventos culturais para recoller fondos para a musealización da Casa da Matanza de Padrón para a que enviaron 60.000 pesetas desde o pais sudamericano.

Tamén lembrou a súa militancia antifascista e a colaboración con representantes do goberno español no exilio tras o golpe de Estado do 36. Nese sentido explicou que a chegada de exiliados foi determinante para a ideoloxizacion da comunidade galega instalada na contorna do Río da Plata, formada fundamentalmente por persoas traballadoras sen unha militancia política previa.

Efrén Castro aproveitou o acto para felicitar á autora polo Premio Facer País que vén de concederlle a Asociación Cultural Val de Láncara recoñecendo o seu compromiso galeguista.

    “Decidín desvelar o proceso” presentación / Vicepresidencia Deputación

    ÚLTIMAS

    “Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

    Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

    A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

    O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

    Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

    O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

    Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

    A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...