HomeComarca de SarriaSarriaO Concello de Sarria pecha con gran éxito o seu programa de...

O Concello de Sarria pecha con gran éxito o seu programa de Nadal

A actividade "Nadal sobre Xeo!” funcionou especialmente ben e dinamizou o comercio, movendo compras en 100 comercios locais inscritos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria, facendo balance do Nadal, vén de comunicar que “pecha con éxito o Nadal sobre Xeo! con máis de 6.000 persoas que desfrutaron da pista de xeo”. Informa ademais “que se repartiron máis de 15.000 entradas grazas ás compras nos máis de 100 comercios locais inscritos”. A pista de xeo foi unha aposta do goberno local para dinamizar o comercio de proximidade e o resultado, vistos os datos, foi moi satisfactorio.

Xunto a esta actividade, houbo tamén un Mercado de Nadal, con 5 casetas e 10 postos rotatorios para dar visibilidade a produtores artesanais, artistas e asociacións locais, cunha oferta única e actividades culturais como foi o concerto de Sound Sisters –o 24 de decembro– ou os Cantos de Reis, que correron a cargo da Asociación Cultural Peleriños.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais do clásico Concerto de Nadal na Igrexa da Nosa Señora do Rosario, no que participaron as formacións Sarricanta, Coral Polifónica e Banda de Música do Concello de Sarria; de varias actuacións infantís e do tradicional “Nadal Máxico”, con Roberto Lolo e Mago Iago como protagonistas, este ano houbo unha actividade que levou contos ao rural. Baixo o título “Conto de Nadal polo Rural” fixéronse diferentes actuacións de narración oral os días 2 e 3 de decembro nas parroquias de Mañán, Vilapedre, Vilamaior, Oural, Ortoá; e tamén na Casa da Cultura de Sarria.

O contacontos itinerante foi “Nadal en prácticas”, que seica tivo moi boa acollida tanto pola cativada como polo público maior que asistiu ás sesións.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...