O Secretario Xeral do Partido Socialista na Provincia, Álvaro Santos, e a Presidente do PSOE e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, valoraron os Presupostos Xerais do Estado de 2018 para a provincia, que aprobou “a alianza do PP e Ciudadanos, ofrencendo ós lucenses un orzamento mutilado e sendo os verdugos do progreso de Lugo”.
As propostas do PSOE no tocante ao sur de Lugo son,
- 150.000 euros para un estudo que permita o reforzo do tren de cercanías na provincia, atendende ás reiterdas demandas de concellos como é Sarria
- 1.6 millóns de euros para a supresión dos pasos a niveis na provincia
- 150.000 euros para o estudo da Líña de alta Velocidade Ponferrada-Monforte necesaria para que a provincia figure no Corredor Atlántico de Mercadorías
- 200.000 euros para a A-72 de Monforte e Chantada
- 1.4 millóns de euros para a A-76 de Monforte a Ourense
- 1 millón de euros para mellorar a N-120 de Castro de Ferreira de Pantón ao límite municipal de Monforte de Lemos
- 300.000 euros para a Ronda Urbana, conexión antiga e nova da N-120 en Monforte
- 300.00 euros para dotar das instalacións necesarias á plataforma de carga e descarga do Porto Seco de Monforte
- 300.000 euros para a Ponte Aceña sobre o Río Cabe en Monforte
- 300.000 euros para unha nova Comisaría de Policía Nacional en Monforte
O PSOE tamén propuxo un plan especial de 10 millóns de euros encamiñado para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade ademais de un plan de emprego para as 4 provincias galegas de 50 millóns de euros; un plan de impulso da castaña de 2.5 millóns e un plan de prevención de incendios e rexeneración forestal para Galicia de 25 millóns.
investimento da deputación de lugo
Por outra banda, a presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, declarou que, “dende este Goberno levamos ao vindeiro Pleno, o próximo martes 29, novas propostas para investir máis de 25 millóns de euros nos 67 concellos da provincia co obxetivo de contribuir á mellora da calidde de vida dos máis de 300.00 veciños de Lugo”.

Deste xeito, o presidente manifestou a súa intención de engadir 4.2 millóns de euros de remanente aos Orzamentos 2018, sendo máis investimentos na provincia. Entre todos eles destacan os 200.000 euros para dotar dunha canceira á zona sur da provincia, que dea servizo a 22 Concellos e que se construirá en Monforte de Lemos.