HomeMedio ambiente e PatrimonioUU.AA critica que a inacción da Xunta fronte a unha praga de...

UU.AA critica que a inacción da Xunta fronte a unha praga de ratas “sen control”

Acusa o conselleiro de Medio Rural de tratar este tema con "frivolidade".

Publicado o

- Advertisement -

O sindicato Unións Agrarias (UU.AA) lamentou que a Consellería de Medio Rural non iniciase “de forma inmediata” medidas “de control efectivas” para tratar de erradicar a praga de ratas que está fulminando os cultivos de forraxes e os prados nos municipios de Becerreá e Triacastela.

O responsable da oficina comarcal de UU.AA en Sarria, Miguel Tomé, asegurou que, “segundo de desprende das declaracións do Director Xeral de Gandaría, José Balseiros, sete meses despois de que os produtores denunciasen os danos que está a provocar esta praga, os técnicos da Xunta aínda están a tratar de identificar o tipo de animal invasor“.

Por todo iso, o sindicato tamén lle esixe á Xunta de Galicia que “os gandeiros non se vexan prexudicados nas inspeccións de campo para o cobro das axudas da PAC que están a realizar estes días os inspectores do FOGGA“, dado que “se os prados están esnaquizados foi pola inoperancia” da propia administración galega, que “deixou avanzar a praga sen control pola montaña de Lugo”.

De feito, UU.AA pide que sexan activados “mecanismos de axuda similares aos decretados no Principado de Asturias, cando no 2017 sufriu unha praga similar de ratas topo”. “Naquela ocasión”, lembra, “os gandeiros asturianos cobraron 700 euros por hectárea nas pradarías de sega e 380 euros nas pradarías de pastoreo”.

Lamenta o sindicato a “frivolidade” do conselleiro de Medio Rural, José González, quen lle deu, segundo UU.AA, unha “importancia relativa” a esa praga que se estende “sen control”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...