HomeCulturaEste 10 de xuño ábrese o Museo escolar do patrimonio triacastelá

Este 10 de xuño ábrese o Museo escolar do patrimonio triacastelá

O museo 'O teu pasado, o meu presente' ubicado no CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela, poderase visitar dende o vindeiro luns 10 ata o venres 21, en horario de 09:30 a 13:30 horas. Despois, dende o luns 24 ata o venres 28 concertando cita previa no 982828289.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O museo conta con catro estancias formadas por recreacións artísticas feitas na súa totalidade polo alumnado e acompañadas dunha breve descrición:

  • A do patrimonio natural alberga o Monte Oribio coa súa cume, a Pena Sóa; o Río Oribio e a Castiñeira Centenaria de Ramil.
  • A do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico: a Alvariza, a Cova Eirós, o Pombal de Celeiro e unha recreación do Castro de Triacastela.
  • O patrimonio cultural e lingüístico: a cachena, o Apalpador, un libro de refráns e lendas, un libro con pareados feitos polos nenos e varias obras publicadas polo Concello e a Xunta sobre a riqueza do municipio.
  • O patrimonio histórico inclúe o Camiño Real do Oribio, a Ferrería e a Capela de San Mamede.

Ademais, hai tres vídeos para proxectar no recuncho audiovisual, relacionados todos eles coa riqueza patrimonial do Concello de Triacastela. O acceso é libre para calquera persoa interesada no patrimonio triacastelá.

Museo Escolar Triacastela / Concello de Triacastela

ÚLTIMAS

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...

Quiroga inicia o 18 de decembro un Nadal de cultura e lecer

O programa ábrese o 18 de decembro coa tradicional cea de Nadal que o...