HomeComarca de SarriaTriacastelaTriacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

Será o vindeiro sábado, 26 de setembro, nun encontro no que ademais haberá moita animación musical e outras actividades paralelas. O pregón será a cargo dos nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa ‘Feira de Artesanía e produtos da zona’ o vindeiro sábado 26 de setembro dándolle tamén así a benvida ao outono. Ademais dos diferentes postos que abrirán ás 11:00 h, poderase gozar dunha programación moi variada na que haberá 2 presentacións literarias, unha exposición de pintura, diferentes obradoiros e moita música de rúa. O remate poñerao o cantante Antonio Barros que ofrecerá un concerto.

Demostración de olaría tradicional (arquivo). Foto: Concello de Triacastela.
Posto de coitelos e utensilios de cociña. Foto: Concello de Triacastela.
PROGRAMA

Ás 11:00 h, cadrando coa apertura de postos, abrirase ao público a exposición de pintura e gravado ‘Oribio’, de Ana Carballo Balboa.

A continuación, a Biblioteca Camilo José Cela acollerá dúas presentacións literarias. Ás 11:30 a do libro ‘Cuando el Camino mata’ de Pepe López Sandes; e ás 12:00 horas a presentación de ‘Entre néboas e raiolas de luz’, da triacastelá Yolanda Carballo.

Ás 12:30 recibiranse ás autoridades e ás 13:00 horas será o pregón a cargo dos nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila.

Ao longo do día haberá diferentes obradoiros: de forxa e ferrería con Jorge Eiroa, de serigrafía en soporte téxtil a cargo de “Peixesapop”, e un de arte floral. E tamén música de rúa coa charanga Louband e pandereteiras Son de Cores de Becerreá.

Xa pola tardiña, ás 19:00 h e como fin de feira, concerto de Antonio Barros.

Posto de polbo na Feira de Artesanía e produtos da zona (arquivo). Foto: Concello de Triacastela.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...