HomeCulturaMercedes Peón na III edición do SacraFestival

Mercedes Peón na III edición do SacraFestival

O SacraFestival desenvolverase entre o 31 de maio e o 2 de xuño en espazos naturais dos concellos de Chantada e O Saviñao

Publicado o

- Advertisement -

O SacraFestival é unha cita multidisciplinar que une gastronomía, enoloxía, música, danza, cine e formación de novos talentos, con Residencias Artísticas e obradoiros formativos.

Na programación inclúense proxeccións, espectáculos de danza, rutas, catas de viños e concertos. Para os concertos contarase con Mercedes Peón e o músico Electropop Baiuca. En total, desenvolveranse 15 actividades divididas en diferentes puntos dos concellos de Chantada e O Saviñao, en espazos xa existentes, integrándose coa contorna, nunha aposta pola sustentabilidade.

Concerto de orquestRa de corda en Monforte

O Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte acolle este xoves, día 25, a partires das 7 da tarde a celebración dun concerto a cargo da Orquestra de corda de grao profesional do Conservatorio de Música de Ourense, dirixida por Raquel Carrera Álvarez.

A Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Ourense está composta por alumnado do Departamento de Corda frotada do Grao Profesional, como materia obrigatoria do seu currículo e sendo as especialidades instrumentais que a configuran o violín, a viola, o violoncello e o contrabaixo.

Programa

  • A. MOZART: Concerto para Piano e Orquestra en La M K.414, Allegro, Andante, Allegretto Piano: Dª Purificación Iglesias Pateiro
  • J. HAYDN: Sinfonía nº 45 en Fa# menor (“Os Adeuses”), Allegro assai, Adagio, Menuet: Allegretto, Finale: Presto-Adagio
Orquestra de corda do Conservatorio de Ourense

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...