HomeCulturaTeatro de maiores na Pobra do Brollón e de alumnos dos centros...

Teatro de maiores na Pobra do Brollón e de alumnos dos centros de ensino en Monforte

En Monforte dan comezo este xoves as representacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro e o Centro de Día da Pobra do Brollón celebra con teatro, o seu X aniversario

Publicado o

- Advertisement -

A primeira cita co Certame Municipal de Teatro para Centros de Ensino de Monforte será este xoves, día 25, na casa da cultura a partires das 20.00h, cos alumnos e alumnas da aula de teatro do CEIP Monforte, que representarán a obra “A unión fai a terra“, peza dirixida, coordinada e adaptada por Paqui Abeledos, a partir do texto do mesmo título de Macu Sanz.

A segunda das representacións do XXVIII Certame Municipal de Teatro terá lugar o venres 26 de abril a partir das 20:00h no salón de actos da Casa da Cultura. Os alumnos e alumnas do grupo de teatro“A Pinguela 2019“, baixo a dirección de Paqui Abeledos, representarán a obra “Lingua de lata“, adaptación de Francisco Oti e Julio Fernández.

O luns 29 de abril ás 20:00 hna Casa da Cultura, o Colexio Ferroviario porá en escena a obra “Bar Manolo”, baixo a dirección de Sabela González Chas e Juan José Diéguez López. As representacións continuarán no mes de maio.

Cartaz Monforte TEATRO

O Centro de Día da Pobra do Brollón celebra o seu X aniversario

No 2009 abría as súas portas o Centro de Día da Pobra do Brollón. As instalacións con capacidade para 40 persoas, contan na actualidade con 23 usuarios dos concellos da Pobra do Brollon, Monforte de Lemos e Ribas de Sil. Traballan no Centro de Día, unha terapeuta ocupacional, unha traballadora social, 6 xerocultoras e persoal de servizos xerais, ademais da fisioterapeuta e a sicóloga que prestan servizo tres días á semana.

No día a día do centro desenvólvense actividades de ximnasia, estimulación cognitiva, música, xogos, saídas a coñecer a contorna, actividades interxeneracionais,…
Este mércores, a axenda habitual modificouse para adicar o día á celebración do X aniversario, contando coa presenza do xerente adxunto do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e representantes do equipo de goberno municipal. Ás 12.00 da mañá comezou a recepción de participantes, para posteriormente ofrecer unha representación teatral por parte dos usuarios do centro; presentouse a mostra fotográfica dos 10 anos de andaina e entegáronse premios aos 3 usuarios que levan no centro desde o comezo. Ás 13.00 houbo uns pinchos e ás 16.00 actuou Cé Orquestra Pantasma.

O alcalde, Xosé Lois Maceda, destacaba a importancia do Centro de Día para o Concello da Pobra do Brollón, “Despois do traballo que custou poñelo a funcionar estamos encantados de celebrar estes 10 anos. O servizo reforza toda a nosa política social de apoio aos maiores e ás familias. O Concello puxo o edificio a disposición do Consorcio e cada ano adicamos 20.000 euros a este servizo, ademais de encargarnos do mantemento do centro. Trátase dun modelo de colaboración entre administracións que redunda no beneficio dos nosos maiores.”

Teatro A Pobra do Brollón / Concello da Pobra do Brollón

ÚLTIMAS

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...

Punto limpo móbil para eventos en Sober

O novo punto móbil para eventos, é un dispositivo adaptado de xeito específico para...

Este 25 de setembro preséntanse na Casa da Cultura de Quiroga os resultados de ‘Tecendo Memorias’

Tecendo Memorias naceu coa intención de recuperar, a través da reminiscencia, a memoria das...