Margarita Rodríguez Otero, a Cronista Oficial da cidade, dará a conferencia, “Os franceses en Monforte: Historia de tres invasións”, será o día 31 a partires das 20.15 no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra. O 7 de xuño, José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, dará a conferencia “Guerra de la Independencia en Galicia. El Batallón de Monforte y la heroica gente de Lemos”.
“1809: Os Franceses en Monforte”, recolle tamén a celebración de 9 ciclos de charlas nos centros educativos monfortinos, que corren a cargo do investigador local, Felipe Aira e que teñen por obxectivo achegar aos escolares este período.
Roteiro Fiz Vergara Vilariño
A asociación Ergueitas de Sarria celebra o 15 de xuño o Roteiro pola Lóuzara Xabreira de Fiz Vergara Vilariño. Na xornada de lembranza do Fiz mesturaranse poesía, música, arte, natureza, etnografía, gastronomía e festa. Para participar hai que incribirse a través do correo ergueitos@gmail.com ou no teléfono 677429225.