HomeCulturaMonforte recorda a súa loita contra as tropas napoleónicas cunha conferencia

Monforte recorda a súa loita contra as tropas napoleónicas cunha conferencia

O Centro do Viño acollerá un coloquio impartido por José Fernando Navas, experto na Guerra de Independencia.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres día 7 de xuño ás 20:15 terá lugar no Salón de Actos do Centro do Viño de Monforte a conferencia “Guerra da Independencia en Galicia: O Batallón Monforte e a heroica xente de Lemos”. Será impartida por José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, coronel de artillería retirado e experto na Guerra de Independencia.

Trátase da terceira actividade do ciclo “1809: Os Franceses en Monforte”, un ciclo que pretende conmemorar o 210 aniversario dos sitios de Monforte polas tropas napoleónicas. Está organizado pola Concellería de Cultura e a Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos, que crearon unha comisión para organizar eventos e actividades para divulgar o pasado histórico das Terras de Lemos durante a Guerra de Independencia.

Este enfrontamento militar deixou unha gran pegada en Monforte, xa que nos tres asaltos que as tropas francesas fixeron a esta vila, faleceron máis máis de 400 persoas. Ademais, o Batallón Monforte foi o primeiro de Galicia en organizarse contra os franceses.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...