HomeCulturaO Páramo celebra unha nova edición das Feiras e Festas de Primavera

O Páramo celebra unha nova edición das Feiras e Festas de Primavera

Os visitantes poderán desfrutrar de exposicións de artesanía, pintura e maquinaria agrícola, así como de actuacións musicais.

Publicado o

- Advertisement -

Os días 7, 8 e 9 de xuño o Concello do Páramo está a celebrar a edición número 43 das súas tradicionais Feiras e Festas de Primavera. Durante toda a fin de semana, o campo da feira de Vilarmosteiro acollera exposicións de maquinaria agrícola, artesanía e pintura e obradoiros de cestería.

O venres o evento foi inaugurado polo Deputado en funcións pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, o Alcalde do Páramo en funcións, Gumersindo Antonio Rodríguez Liz, e membros da Asociación de Amigos do Campo da Feira. O acto estivo amenizado polo grupo de acordeóns O Folión e, xa pola noite, Luar na Lubre púxolle o broche final a un día cargado de actividades.

Un dos atractivos da cita é a Feira de Gando, que terá lugar o sábado. Trátase dun certame organizado coa colaboración de ACRUGA e constará dunha mostra, un concurso e un desfile de Rubia Galega.

O prato forte da feira, sen dúbida, é a Feira Cabalar do domingo. Contará co espectáculo de doma Magos de la Equitación a cargo da escola El Centauro, de Valladolid. O festexo será pechado ás sete e media da tarde cunha verbena.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...