HomeCulturaPremio Xerais para o chantadino Amador Castro

Premio Xerais para o chantadino Amador Castro

O fallo do xurado fíxose público este sábado en Vigo, outorgando a editorial 3 premios para as categorías de Literatura Xuvenil, Literatura Infantil e Novela. Castro gañou nesta última.

Publicado o

- Advertisement -

Amador Castro é chantadino de orixe, naceu en Nandulfe, no Concello de Chantada, pero vive en Barcelona. No seu currículo como escritor conta con dous libros publicados: “Memorias de antes do encoro” e “Pillabán, pillabán”.

A obra coa que resultou gañador da XXXVI edición do Premio Xerais de Novela é “Shanghai a Barcelona”, creación literaria que competía no medio doutras 44. Ademais do prestixio literario de obter este galardón recibirá 10.000 euros.

Os outros dous gañadores do certame de Xerais foron Emma Pedreira, co XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa súa obra “Os corpos invisibles”; e Rosa Aneiros co XXXIV Premio Merlín de Literatura Infantil con “Xelís, o guieiro das botellas de mar”.

A entrega de premios farase no mes de outubro, evento que se fai coincidir coa publicación das obras gañadoras.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...