HomeCulturaRosa Cedrón será a madriña da nova edición do Festival do Viño...

Rosa Cedrón será a madriña da nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra

A inauguración do evento terá lugar o venres día 5 ás 18:30 da tarde.

Publicado o

- Advertisement -

O venres día 5 comezará a terceira edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte. Desenvolverase no Paseo do Malecón e nel participarán 25 adegas dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O acto de inauguración terá lugar ás 18:30 da tarde no recinto do festival. Rosa Cedrón, orixinaria de Monforte, será a madriña do evento e ofrecerá un discurso onde poñerá en valor os viños da zona, algo que pode contribuír á súa difusión. Tamén actuará o grupo Habelas Hainas e haberá un saúdo das autoridades.

Os membros da corporación local quixéronlle agradecer a Rosa Cedrón “o seu compromiso con Monforte e coa difusión da calidade dos viños da Ribeira Sacra, o que sen dúbida vai en beneficio de todos”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...