HomeCulturaAs III Xornadas do Folión de Carros traerán a Chantada outras tradicións...

As III Xornadas do Folión de Carros traerán a Chantada outras tradicións similares

O 17 de agosto terán lugar no Auditorio Municipal de Chantada unha serie de charlas e mesas redondas para reflexionar sobre esta importante manifestación cultural.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado luns día 8 foron presentadas en Chantada as III Xornadas do Folión de Carros, que terán lugar o próximo 17 de agosto e están organizadas pola Asociación Cultural Amigos do Folión. Esta edición leva por título “Etnografía, Patrimonio e Desenvolvemento na Ribeira Sacra” e participarán unhas 15 persoas vinculadas con esta temática.

O Auditorio Municipal de Chantada acollerá, entre outras cousas, tres mesas redondas nas que se amosarán festas similares ao Folión de Carros en Castela e León e Cantabria e examinaranse proxectos económicos e culturais de posta en valor da Ribeira Sacra. Proxectarase tamén un documental sobre o Folión de Carros de Miguel Carbonelle realizado no 1983, e faráselles unha homenaxe aos fundadores dos Amigos do Folión para conmemorar o trixésimo aniversario desta asociación.

Para coñecer máis sobre estas xornadas e, en definitiva, os preparativos do Folión de Carros de Chantada, falamos co presidente da Asociación Cultural Amigos do Folión, Manuel Vázquez “Pica”.

Esta é a a terceira edición destas Xornadas. Como valoras a progresión desta proposta cultural de reflexión sobre o Folión?

Estamos apreciando que xa están consolidadas. Dende que as empezamos a organizar hai tres anos foron dando pasos de calidade moi grandes e estamos incrementando o nivel das actividades e as ponencias ano a ano. Cremos que esta proposta é moi importante para o Folión porque é unha forma de poñelo en valor e promocionalo.

Haberá poñentes que falarán de manifestacións culturais similares en Cantabria e Castela e León. Que lle pode achegar ao Folión coñecelas máis de preto?

O que pretendemos é que se nos faga ver fóra de Galicia e que a xente coñeza a orixe e a importancia destas tradicións, que non se poden perder. Existen similitudes na representatividade e a imaxe das tres manifestacións, únicas en todo o territorio municipal, e queremos poñer en común estas tradicións para evitar que caian no esquecemento.

Como entrastes en contacto con esas tradicións similares á do Folión?

Despois de examinar algunhas investigacións e arquivos, observamos que en Cantabria, concretamente en Reinosa, había unha manifestación moi similar á do Folión. Alí organízase unha “pandilla” en cada aldea para construír a súa carreta, que logo pasean nun desfile. Nós contactamos coa “pandilla” de Requejo, do concello de Medio de Cantabria e, ademais de explicar en que consiste a súa festa, virán representar unha das rondas que acompaña as carretas. Esta agrupación musical recorrerá as rúas da Vila de Chantada durante a tarde acompañados doutros grupos tradicionais da contorna de Chantada, que actuarán como anfitrións.

O título das xornadas é “Etnografía, patrimonio e desenvolvemento na Ribeira Sacra”. Como se nutre o Folión da Declaración como Ben de Interés Cultural desta paraxe?

Nun primeiro momento enfocaramos as xornadas cara a outro tema pero, unha vez que se ceritifcou a declaración BIC da Ribeira Sacra, entendemos que era o momento para aproveitar o tirón mediático que está a ter esta zona. Cremos que era necesario divulgar o desenvolvemento social e económico que se produce arredor da Ribeira Sacra. Por iso, temos unha mesa redonda na que se examinará o proceso de creación de pequenas empresas familiares que aproveitan e poñen en valor os nosos recursos.

Cartaz das III Xornadas do Folión de Carros / Asociación Cultural Amigos do Folión

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...