HomeCulturaA Pobra do Brollón ofrecerá visitas guiadas aos seus principais enclaves turísticos

A Pobra do Brollón ofrecerá visitas guiadas aos seus principais enclaves turísticos

Entre o 15 de xullo e o 31 de agosto, os interesados poderán coñecer máis a fondo o Castro de San Lourenzo, as Adegas de Vilachá e a Cova das Choias.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar que ofrecerá diversas visitas guiadas durante este verán a algúns dos principais recursos turísticos do municipio. Estas visitas terán lugar entre o 15 de xullo e o 31 de agosto e os interesados poderán coñecer máis a fondo o Castro de San Lourenzo, as Adegas de Vilachá e a Cova das Choias.

A visita ao Castro de San Lourenzo permitirá coñecer un castro de 2.000 anos de antigüidade. Cunha hora de duración, son totalmente gratuítas e terán lugar os martes e os xoves ás 17:00 e os mércores e os venres ás 11:00. As visitas á Cova das Choias tamén terán unha hora de duración e faranse os sábados e domingos ás 17:00. Nelas poderase contemplar unha importante colonia de morcegos.

A proposta de visita para as Adegas de Vilachá ten dúas modalidades. Dunha banda, pódese realizar unha visita dunha hora de duración cunha cata final e un prezo de tres euros. Esta terá lugar os martes e os xoves ás 11:00 e os mércores e venres ás 17:00. Doutra banda, os sábados e domingos ás 12:00 é posible percorrer esta paraxe nunha visita de dúas horas onde se coñecerán os contos, arqueoloxía e viño do lugar, tamén por un prezo de tres euros.

Para participar nestes roteiros é preciso reunir un grupo de, como mínimo, cinco persoas e inscribirse a través de WhatsApp no teléfono 650 624 828.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...