HomeCulturaHomenaxe ao premio García Lorca de Poesía 2019 na Ribeira Sacra

Homenaxe ao premio García Lorca de Poesía 2019 na Ribeira Sacra

Antonio Rodríguez, emprendedor en Doade e gran coñecedor do gañador, Blas Aranda, un manchego con orixes na zona, organiza un acto que pretende recoñecerlle que no seu labor poético tamén lle cante a estas terras.

Publicado o

- Advertisement -

Este sábado, dia 13 de xullo, ás 20:30 horas, na praza central e máis recoñecida de Doade por destacar nela diferentes motivos escultóricos relacionados coa viticultura, procederase a colocar unha placa na honra ao poeta consaburense (Consuegra-Toledo), Blas Aranda, premio García Lorca de Poesía 2019.

A familia deste intelectual é oriúnda de Montoedo -A Teixeira-, e en recoñecemento e agradecemento polos seus cantos á Ribeira Sacra, á súa terra de orixe por parte de nai, ás súas xentes e ás súas cousas o organizador considerou moi procedente ter este detalle de agradecemento cara a súa persoa.

Ao acto están convidados os alcaldes de concellos de ambos lados do Canón do Sil -Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil pola parte de Ourense; Sober e Monforte de Lemos pola parte de Lugo- e tamén autoridades eclesiásticas e delegados da administración do Estado.

O acto, que honra a dedicación de Blas de Aranda lembrándose na súa obra destas terras, serve así mesmo para reforzar a unión das dúas beiras do Canón do Sil.

Ao finalizar o acto, promovido por Antonio Rodríguez Álvarez, do Restaurante A Cantina, en Doade, servirase un viño de diversas adegas da subzona de Amandi con viandas da zona.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...