HomeCulturaCarlos Núñez ofrecerá un concerto en Sober

Carlos Núñez ofrecerá un concerto en Sober

A actuación está enmarcada na súa xira de verán por lugares emblemáticos de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O domingo 8 de xullo ás 21:00 horas, na adega de Rectoral de Amandi, os amantes da música celta teñen unha cita cun dos gaiteiros máis internacionais da época, Carlos Núñez. As entradas están a venda en ataquilla.com

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca con certa fachenda a presenza na localidade do músico e compositor galego que no ano 2014 foi o pregoeiro da Feira do Viño de Amandi. “O sábado da feira do viño daquel ano ofreceu un concerto inesquecible en Cadeiras. Foi unha visita que temos gravada na retina, polo que agradecemos que volva e encha a Ribeira Sacra coas súas notas”.

 

ÚLTIMAS

Cortada por un derrube de terra a LU-P-4103 entre Ferreira e o encoro de Santo Estevo

A Deputación informa do corte ao tráfico da estrada provincial LU-P-4103, ao seu paso...

Clausúrase en Monforte a fase galega da Olimpíada de Xeoloxía

Este mércores pola tarde celebrouse o acto de clausura e entrega de premios da...

O chef Javier Olleros, embaixador do aceite de Quiroga

A XXVI Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará os días 14 e...

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...