HomeCulturaA música de PARDO na Pobra do Brollón

A música de PARDO na Pobra do Brollón

O coñecido músico coruñés Néstor Pardo actuará esta noite no restaurante 1º de Maio, dentro do ciclo “Cos Pés na Terraza”.

Publicado o

- Advertisement -

A idea de levar a música á rúa neste mes de agosto estalle funcionando moi ben ao concello da Pobra. É un xeito de ter algo máis que facer entre semana para os veciños e veciñas, para os visitantes de verán e turistas pero tamén un reclamo para xente doutros concellos próximos.

A penúltima actuación do ciclo será esta noite, ás 21:00 h. na terraza do coñecido restaurante 1º de Maio e trae a estas terras ao carismático e famoso Néstor Pardo, un músico que mestura de xeito moi potente early jazz, folk americano, blues, músicas de raíz e ritmos latinos.

No concerto de hoxe, en sesión acústica, tocará temas do seu vindeiro disco “Santa Cruz”, producido por Mario Cobo -produtor discográfico tamén de Loquillo ou Los Mambo Jambo-.

Néstor Pardo, teloneado por grupos como Novedades Carminha ou Guadalupe Plata, ten realizado xiras por España e por Europa con bandas como The Loveless Cousins e The Allnight Workers e actuado con artistas como La La Brooks. Dende o ano 2003, actúa en solitario baixo no nome artístico de PARDO.

Na velada musical de hoxe participará tamén o artista local Ale González, de Los Árboles, amigo e compañeiro musical de Pardo.

Pardo actuando con Ale González na 1ª edición do 17º Festival Ribeira Sacra. Foto: Org. Festival

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...