HomeCultura20 anos de habaneras no Concello de Monforte

20 anos de habaneras no Concello de Monforte

A praza de España de Monforte acolle este sábado, 31 de agosto, ás 21:00 horas a celebración dunha cita clásica do verán musical monfortino, o Festival de Habaneras, que cumpre a súa vixésima edición.

Publicado o

- Advertisement -

O Festival de Habaneras alcanza as 20 edicións avalado polo éxito de público das citas de anos anteriores e, fundamentalmente, pola calidade dos grupos que participan en cada un dos certames. O cartel deste ano está conformado por dúas corais de contrastado prestixio, ás que se une a Coral Polifónica do Concello de Monforte.

Por unha banda a Coral Polifónica “Marusía”, de Bueu, foi fundada no ano 1995. Desde aquela ten participado en numerosos concertos, misas e vodas nas catro provincias galegas. A coral organiza dous concertos ao ano, con catro corais invitadas en cada concerto. Son membros da Federación Coral Galega (FECOGA).

A Coral Capilla de la Torre, de Villaviciosa, inicia a súa formación en setembro de 1993. No seu décimo aniversario, en 2003, grava un CD con 18 cancións de folclore asturiano, estándares e polifonía relixiosa. Ten participado en numerosos concursos, encontros e concertos en toda España e en diversas localidades do veciño país de Portugal nos que desenvolve un amplo repertorio de música polifónica. Na actualidade, está integrada por 32 voces mixtas.

A Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos Fúndase en marzo de 1996 e está composta por 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega, habaneras, polifonía en castelán, panxoliñas…Ten no seu haber numerosas actuacións a nivel provincial, autonómico, nacional e internacional, con actuacións en Martigni (Suiza), Rennes (Francia), Cerdeña, Bolzano e Padua (Italia), Gotha (Alemania), Helsibor (Suecia), Oporto e Guimaraes (Portugal). No ano 1999 gravou un CD de polifonía variada.

A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Formouse musicalmente nos conservatorios de Ourense, A Coruña e Santiago. Foi director da Coral de Samos. Na actualidade compaxina a dirección da Coral coa de director do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...