HomeCulturaMonforte celebra a Xornada Europea da Cultura Xudea

Monforte celebra a Xornada Europea da Cultura Xudea

O Concello de Monforte celebra este domingo, 1 de setembro, o 20 aniversario da Xornada Europea da Cultura Xudea, con visitas guiadas e de balde á Xudaría da cidade do Cabe.

Publicado o

- Advertisement -

A Xornada Europea da Cultura Xudea, que organiza a Asociación Europea para a Preservación e Promoción da Cultura e a Herdanza Xudea, en colaboración coa Biblioteca Nacional de Israel, ten como obxectivo destacar a diversidade e a riqueza do Xudaísmo, coa intención de promover o diálogo, o recoñecemento mutuo e o intercambio a través de conferencias, concertos, actuacións, visitas guiadas e outras actividades que teñen lugar en concellos, comunidades xudías, museos e centros culturais de toda Europa.

No 2018, máis de 420 cidades de 28 países europeos uníronse ás Xornadas, nas que participaron máis de 179.000 persoas. En España, as actividades son promovidas dende a Red de Juderías de España, en colaboración cos concellos adheridos á mesma, entre eles Monforte de Lemos.

Polo tanto, este domingo, 1 de setembro, todos aqueles interesados en coñecer a zona de ámbito xudeu de Monforte, poderán gozar de visitas guiadas e de balde que sairán dende a Oficina Municipal de Turismo. Pola mañá ás 11.30 e ás 18.00 en horario de tarde. As visitas correrán a cargo do historiador monfortino Felipe Aira.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...