HomeCulturaSeminario sobre o oso pardo na Serra do Courel

Seminario sobre o oso pardo na Serra do Courel

A Universidade de Santiago de Compotela organiza en colaboración coa Fundación Oso Pardo, un seminario na Estación Científica do Courel que se desenvolverá entre os días 4 e 6 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

A conservación de grandes carnívoros en áreas de expansión: O caso do oso pardo na Serra do Courel é o título do seminario no que se teñen inscrito 25 persoas. O seminario dirixido polo catedrático da USC Antonio Rigueiro, e por Fernando Ballesteros, da Fundación Oso Pardo, inaugurararase este mércores, 4 de agosto, ás 9,00 horas.

Esta actividade constitúe un programa de carácter eminentemente práctico e cun enfoque multidisciplinar, no marco do que diversos relatores afondarán en cuestións ligadas coa recuperación e a conservación das poboacións de grandes carnívoros cando chegan a zonas de expansión nas que estiveron ausentes desde moitos anos antes.

A análise da casuística particular da expansión experimentada nos últimos anos polo oso pardo cantábrico cara a Serra do Courel, como consecuencia do crecemento continuado da súa poboación, e os retos de conservación derivados da súa presenza, así como as diversas técnicas e actuacións xa postas en marcha, son algúns dos temas para tratar no marco deste foro.

Este programa, que conta co apoio económico da Deputación Provincial de Lugo, está dirixido a habitantes das serras orientais de Lugo e de Galicia, así como a profesores e estudantes dos diversos niveis educativos e tamén a todos os profesionais implicados en tarefas de conservación da natureza, así como a todas as persoas preocupadas pola conservación do medio natural.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...