HomeCulturaIr ao Courel e gozar dun espectáculo, e por que non?

Ir ao Courel e gozar dun espectáculo, e por que non?

Na aldea de Vieiros, no medio do Courel, isto é posible grazas a 'Saka', membro activo da Asociación de Veciños.

Publicado o

- Advertisement -

Vieiros é unha aldea ben fermosa que pertence á parroquia da Seara, no concello de Quiroga. Está a 942 metros de altura, rodeada de montañas cun verde que relaxa e fainos sentir pequenos… A día de hoxe é coñecida pola fervenza que leva o mesmo nome, unha das máis visitadas do Courel e por ter unha asociación que está a dinamizar o lugar.

Esta aldea chegou a estar practicamente abandonada nos anos 90, na que residía de forma permanente un único veciño de avanzada idade. A partir de entón foi aumentando a súa poboación ao desprazarse a residir algunhas familias e sobre todo a partir de 2011 o enxeñeiro agrónomo orixinario da zona de Vigo, Roi Estévez, cuxos esforzos na recuperación da aldea son merecedores de recoñecemento.

Este pontevedrés impulsou a creación dunha asociación de veciños, a cal tivo importantes iniciativas, como revitalizar os festas patronais o 25 de Xullo Día de Santiago, a restauración do “campo de birlos” e do muíño.

Recentemente, outro pontevedrés asentado na aldea e coñecido como ‘Saka’,  creou o proxecto “A Casa da Tola”, un espazo onde se organizan eventos de tipo cultural para todos os públicos nas fins de semana.

Este sábado 14 de setembro programan un interesante espectáculo para todos os públicos ás 18:00 h., “Titiricircus” a cargo da compañía Tanxarina.

Cartel do espectáculo. Foto: Saca

O espectáculo

Titiricircus é unha lembranza ensoñadora e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con marionetas de fíos as glorias do seu pasado na pista.

Nun permanente xogo participativo có público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo….

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...