HomeCultura"Cóntoche un traxe" o divertido libro de Montse Rivera, en Sober

“Cóntoche un traxe” o divertido libro de Montse Rivera, en Sober

Publicado o

- Advertisement -

O xoves 14 de xuño ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Sober, Monste Rivera presentará o libro “Cóntoche un traxe”. A obra é unha viaxe no tempo de como era a roupa que usaban os nosos antepasados contada dende unha perspectiva divertida e amena. Durante o acto tamén se xogará a vestir como os ancestros para facer unha comparativa real ca actualidade.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, unha colaboración entre a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Sober.

Cóntoche un traxe/Concello de Sober

ÚLTIMAS

60.000€ da Vicepresidencia da Deputación para o Matadoiro de Sarria e a Festa do Cocido do Porco Celta que se celebra este 31 de...

O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, deron...

Este 31 de xaneiro “Refuxio de inverno, viño e calma” na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A campaña destaca o inverno como un momento privilexiado para descubrir a Ribeira Sacra...

O PP acusa a Tomé de “subir até o máximo” o soldo como alcalde tras deixar a Deputación

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte acusaron ao alcalde, José Tomé,...

O programa Emega incentiva nove negocios impulsados por mulleres na zona sur

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou en Monforte de Lemos dous dos...