HomeCulturaTarde con moita actividade cultural en Sarria

Tarde con moita actividade cultural en Sarria

Obradoiro de debuxo para os pequenos/as e presentación literaria para público adulto.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres 11 de outubro haberá unha interesante actividade relacionada co humor gráfico e a banda deseñada na Biblioteca Camilo Gonsar -Casa da Cultura- ás 17:30 h. e que leva por título “Deixa o móbil e debuxa!”.

Trátase dun obradoiro de iniciación ao humor gráfico e á banda deseñada dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos. A intención da actividade é aprender e pasalo ben debuxando, pero tamén concienciar sobre valores que resultan importantes nesa aprendizaxe: paciencia, confianza nun mesmo, seguridade, instinto de superación, constancia, perderlle o medo ao erro, etc.

Cartel da actividade

A actividade forma parte do Ciclo Ler Conta Moito de fomento da lectura e o responsable de levala a cabo é o debuxante Xosé Manuel Fernández, colaborador gráfico en varios medios de comunicación e creador de contidos, a maioría deles relacionados co humor.

Sen saír de Sarria, ás 20:00 h., o Salón de Sesións do Concello acollerá a presentación da obra “As voces Ágrafas” da autora Emma Pedreira, gañadora do XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. A editorial que publica a escolma poética é Espiral Maior e organizan o acto a Asociación Cultural Ergueitos e o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...