HomeCultura18 de outubro, un día completo adicado á biblioteca no Saviñao

18 de outubro, un día completo adicado á biblioteca no Saviñao

O Día da Biblioteca é o 24, pero na Biblioteca Municipal do Saviñao adiantan a festa ó venres 18, con actividades durante toda a xornada.

Publicado o

- Advertisement -

O programa de actividades para o día 18 comezará ás 10 da mañá e prolongarase ata a medianoite con visitas guiadas, obradoiros, xogos, manualidades, contos, libros, música,…

  • 10:00-14:00  Visitas guiadas con grupos escolares
  • 14:00-17:00  Minivisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
  • 17:00-18:00  Conta – obradoiro artístico con tapóns e palliñas(a partir de 5 anos)
  • 18:00-18:30  Merenda infantil
  • 18:30-19:30  Obradoiro – competición de buxainas (a partir de 6 anos)
  • 19:30-20:30  Xogo Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez (programa Ler conta moito) (a partir de 6 anos e público adulto acompañante)
  • 20:30-21:30  Obradoiro de carteira/porta-retratos (a partir de 8 anos)
  • 21:30-22:00  Cea infantil
  • 22:00-22:50  Contacontos Bolboretas con Soledad Felloza (programa Ler conta moito)(público infantil, xuvenil e adulto)
  • 22:50-23:50  Obradoiro de debuxo con círculos (público a partir de 10 anos, xuvenil e adulto)
  • 23:50-00:00  Xogos/Karaoke – Festa de despedida

Por motivos organizativos hai que inscribirse previamente. Pode facerse presencialmente na biblioteca ou no teléfono 982452324.

Este ano contarase coa presenza de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, que presentará o seu espectáculo Bolboretas.

No xogo de pistas Rescate na biblioteca contarase coa escritora Antía Yáñez, autora de O misterio de Portomarín, O misterio do torque de Burela e a recente Senlleiras, premio Illa Nova de Narrativa da editorial Galaxia.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...