HomeCulturaQuiroga busca un outono de lecer participativo

Quiroga busca un outono de lecer participativo

A programación cultural e de lecer do Concello de Quiroga para este outono conta con actividades ofertadas dende as distintas áreas e servizos muncipais: infancia, igualdade, educación, xuventude, deportes, cultura, dinamización lingüística e benestar.

Publicado o

- Advertisement -

Entre as numerosas propostas para o tempo de cultura e lecer, o Concello destaca no eido deportivo, a atención ao deporte base a través das Escolas Deportivas Municipais; o adestramento e competición do equipo Quiroga F.C, eventos deportivos coma o Torneo de Fútbol de Nadal, o III Día da bicicleta ou a Carreira San Silvestre.

En educación contarase coa Ludoteca Infantil os martes e xoves; as clases de música e movemento, piano, guitarra e vento-metal en colaboración coa área de xuventude; a actividade ”Inglés divertido” o sábados pola mañá e o obradoiro infantil de cociña “Minichef”.

Dende a Área de Cultura ofértase un amplo programa de representacións teatrais para todos os públicos,  (en colaboración coa Consellería de Cultura e coa Deputación Provincial mediante os programas  “Ler Conta Moito”,  e “Buxiganga”, “Proescenio”  respectivamente). Tamén está previstos dous  cursos de informática para adultos (nivel básico e nivel avanzado) . Salientar tamén que esta área coordinará o Curso de viticultura e cata organizado por este Concello e cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo.

A Área de Igualdade, a través do CIM, programou xa dúas actividades de interese como foron o café coloquio polo Día da Muller Rural e a andaina, este pasado sábado 19 de outubro, co gallo do Día do Cancro de mama. A camiñada foi un éxito malia o día de choiva que ameazou a realización da mesma. Ao final houbo unha tregua climatolóxica e fíxose coa participación dunhas 70 persoas, a maioría mulleres. Aproveitando a actividade recadáronse cartos para a Asociación Española Contra o Cancro.  De cara a novembro tamén ten programados actos para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Contémplase facer unha exposición de fotografía, unha proxección vídeos no IES e no CEIP de Quiroga e a adhesión á campaña da Xunta de Violencia en negro.

Andaina contra o cancro de mama polo paseo fluvial de Quiroga. Foto: CIM Quiroga
Celebración Día da Muller Rural / CIM de Quiroga 

Desde a Área de Benestar contarase cun taller de memoria, un taller cognitivo e o curso de preparación de probas de Graduado en ESO para adultos e tamén curso de preparación probas de avaliación en Competencias Clave. A Área de Xuventude desenvolverá xornadas informativas de emprendemento, o Certame de Relato Curto, Campionatos nos Pubs e a semana informativa do carné xove no IES de Quiroga.

No Centro Social da Terceira Idade desenvolverase un amplo programa que inclúe obradoiros de actividades físicas (ximnasia e estiramentos); actos de conmemoración do  Día Internacional des Persoas Maiores, Excursión a Buño -Malpica e Laxe, Magosto e unha Cea-baile para celebrar o Nadal.

A través da Rede de Dinamización Ligüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Igualadade da Xunta de Galicia, estase a desenvolver o programa “Nós contra a violencia”, que achegará a Quiroga unha actividade de teatro para todos  os públicos.

Ademais das actividades, ofertadas directamente polos distintos servizos municipais, recóllense tamén actividades nas que o Concello de Quiroga colabora con outros organizadores para facilitar a diversificación da oferta de ocio, formación e lecer. Asegúrase desde o concello que o obxectivo principal desta programación é a participación cidadá en todas as actividades, e para elo apoiánse en 3 pilares:

  • Diversificación de actividades: programamación para todas as idades e para satisfacer distintos intereses.
  • Aproveitamento dos recursos do contorno: infraestruturas culturais e deportivas, recursos naturais e recursos humanos.
  • Coordinación e colaboración entre as distintas áreas municipais para a programación de actividades que son válidas para distintos sectores da poboación.

A información para participar nestas actividades pode solicitarse nos distintos servizos municipais organizadores das actividades.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...