HomeCulturaMellora na sinalización dos recursos turísticos do rural

Mellora na sinalización dos recursos turísticos do rural

A Ribeira Sacra e a Ruta da Castaña e do Mel da Pobra do Brollón son algunhas das zonas rurais que verán mellorada a súa accesibilidade para fomentar o turismo no rural

Publicado o

- Advertisement -

Turismo de Galicia investirá 821.760 euros en 31 proxectos mellorar as infrastructuras turísticas no medio rural lucense que promoven outros tantos concellos e entidades locais co obxectivo de fomentar a accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural cara á consolidación da súa oferta turística.

Mediante este programa de axudas, a Xunta financiará os proxectos de sinalización de rutas de sendeirismo como é a Ruta da Castaña e do Mel da Pobra do Brollón. Igualmente, tamén se mellorará a accesibilidade ós monumentos da zona como son os miradoiros da Ribeira Sacra.

Esta liña de axudas é de concorrencia competitiva e está orientada a promover o embelecemento e a mellora da accesibilidade de puntos con potencial turístico. Inclúe a adecuación de espazos para estacionamento reducindo o impacto negativo que estos producen, recuperación de miradoiros, sendeirismo ou rutas, soterramento de colectores, eliminación de cableado aéreo e antenas de comunicacións ou mesmo a restauración de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional.

Todas estas melloras faranse con materiais constructivos que permitan a integración respetuosa coa contorna.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...