HomeCulturaDefensa persoal para mulleres no Saviñao

Defensa persoal para mulleres no Saviñao

A ludoteca de Escairón acollerá durante o mes de xaneiro un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres e adolescentes. Esta actividade súmase á programación prevista polo Concello en protesta contra a violencia machista. E o Círculo Recreativo e Cultural de Chantada acolle este xoves ás 20.00 a presentación do libro, "Manchas de frío" da escritora de Paradela, Sonia Arias.

Publicado o

- Advertisement -

A ludoteca de Escairón acollerá en xaneiro un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres e adolescentes. Levarase a cabo un día á semana e cada cita terá unha duración de 2 horas. Formarase ás asistentes en técnicas de prevención e autoprotección. A inscrición pode realizarse ata o 20 de decembro, no propio Concello ou a través do número 982.45.20.61.

O alcalde, Carlos Armesto, anima a todas as mulleres a participar nesta iniciativa, “Todo o que fagamos en materia de prevención sempre é positivo e necesario. Nesta tarefa non podemos dar nin un paso atrás. Por iso, dende o Concello quixemos facer este curso porque todos temos a obriga de parar esta lacra. Estamos convencidos e concienciados. Por iso, seguiremos impulsando máis actuacións deste tipo. O que queremos é un municipio libre de violencia machista”.

Manchas de frío

A Irmandade Cultural País do Faro colabora na presentación do libro “Manchas de frío”, da escritora de Paradela, Sonia Arias López. O acto terá lugar este xoves, 28 de novembro, no Círculo Recreativo Cultural de Chantada a partir das 20,30 horas. Participarán no evento os tamén poetas Ramón Rodríguez Porto e José Carlos Ulloa. No XdL falaremos coa autora este xoves ás 22.00.

ÚLTIMAS

A Copa de España de Descenso chega esta fin de semana ao Páramo coa disputa do BTT DH Molinos

Este luns pola tarde presentouse o BTT DH Molinos, co aliciente engadido de formar...

8.000 maiores do sur da provincia xa poden beneficiarse das facilidades do Carné +65

Máis de 8.000 maiores da comarca de Lemos (entre os 81.000 da provincia de...

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non...

30 candidaturas presentaron en Monforte a solicitude para participar no Concurso de Premios do Deporte 2025

O Concello de Monforte vén de anunciar as 30 candidaturas que se presentaron para...